O pasado sábado puxemos o broche de ouro ao campionato comarcal de xadrez no noso colexio e non podemos estar máis orgullosos. Destacamos o bo ambiente e o gran compañeirismo que demostraron todos os participantes. Así dá gusto competir! 🙌✨

Queremos facer unha mención especial a un dos nosos equipos, que co seu esforzo e estratexia conseguiu clasificarse para o provincial. 🏆👏

Parabéns! A seguir gozando de cada movemento!!