Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria compartiron unha xornada inesquecible con compañeiros e compañeiras doutros centros. Comezamos cunha andaina para quentar motores e rematamos da mellor forma posible: na praia! 🏖️

Alí disfrutamos xogando a diferentes disciplinas deportivas e, sobre todo, pasámolo en grande fomentando o deporte e o compañeirismo. Que gran experiencia! 🌟👏

 

Grazas a todos e todas os que facedes posible esta experiencia ano tras ano!