A pasada semana o alumnado de 1º ciclo de primaria puxo rumbo a Asturias para vivir unha aventura dobre. Comezamos explorando o Parque da Vida en Luarca, onde descubrimos os segredos do cosmos, a vida mariña e a importancia de coidar o noso planeta. ![]()
.
Despois, convertémonos en auténticos exploradores nas Covas de Andina. Camiñar entre as formacións rochosas e a vexetación deixounos coa boca aberta.

