O pasado xoves vivimos unha xornada inesquecible co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Visitamos o Parque Experimental de Sotavento en Xermade, onde aprenderon de maneira práctica e divertida sobre a electricidade e a importancia do aforro enerxético, sempre da man dos monitores que fixeron a experiencia aínda máis enriquecedora.

Despois, gozamos dun merecido tempo de lecer no fermoso lago de As Pontes e completamos o día cunha interesante visita ao centro de interpretación da mina.