O noso centro xa forma parte da rede de colexios PLAMBE, tal e como informou o portal educativo da Xunta de Galicia o pasado 28/04/26. Co noso, nove colexios concertados máis entran nesta selecta rede de centros co que trataremos de impulsar a transformación das bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe.

O Plan de mellora de bibliotecas escolares facilita recursos, formación e obxectivos comúns a un profesorado interesado en facer da súa biblioteca un espazo de aprendizaxe, en liña coas esixencias da normativa educativa vixente. Un total de 575 centros forman parte desta «rede de bibliotecas escolares» de Galicia.