O pasado venres, os cursos de infantil marchamos de excursión e pasámolo en grande. Para que a aventura fose completa, viaxamos en tren ata San Cibrao, unha viaxe que nos fixo moitísima ilusión.

 Unha vez alí, visitamos o Museo do Mar, onde os nenos e nenas aprenderon un montón de cousas curiosas sobre os barcos e a vida mariña. Para rematar o día da mellor maneira, achegámonos ata a praia para desfrutar dunha tarde de xogo inesquecible.

 Ver aos pequenos compartir risas, correr pola area e xogar xuntos foi o mellor agasallo desta viaxe. Un recordo moi bonito para gardar no corazón!