O camiño percorrido e as portas que se abren

Hoxe miramos atrás e custa crer o rápido que pasou o tempo. Vemos os sorrisos inocentes dos que se gradúan en Infantil, cos seus primeiros pasos cheos de ilusión. Vemos a madurez e a alegría dos de Primaria, listos para seguir descubrindo o mundo.

Pero, sen dúbida, hoxe o corazón palpita un pouco máis forte por vós: os nosos graduados de Secundaria.

Hoxe pechades unha etapa inmensa. Deixades atrás as aulas que vos viron medrar, os corredores onde compartistes confidencias, risas e exames. Despedídesvos do día a día no que foi o voso refuxio durante tantos anos. Pero lembrade sempre unha cousa: este colexio non é só un lugar de paso, é e será para sempre a vosa casa. Aquí quedan as vosas raíces, e as súas portas estarán sempre abertas para cando precisedes lembrar de onde viñestes antes de voar alto.

Un agradecemento moi especial:

Este acto non sería o mesmo sen o apoio incondicional de toda a comunidade. Queremos dar as grazas de corazón á ANPA polo seu traballo incansable e por facer posible este día tan máxico. @anpadopilar_foz

E, por suposto, un aplauso enorme para o combo da Escola de Música, que coas súas cancións e o seu talento conseguiu poñerlle a banda sonora perfecta e poñer a flor de pel as nosas emocións neste día que xamais esqueceremos.

Parabéns a tod@s s graduad@s!