Un espazo de cultura e entretenemento
Bilioteca Pilariña
Plan PLAMBE
A nosa bilioteca
O noso centro está a traballar para formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), un programa impulsado pola Xunta de Galicia cuxo obxectivo é mellorar e dinamizar a biblioteca escolar como un espazo fundamental de aprendizaxe e lectura.
A través do PLAMBE, a biblioteca convértese nun centro de recursos educativos que fomenta o hábito lector, a comprensión lectora, a procura e o uso responsable da información e o desenvolvemento da creatividade do alumnado, integrándose na vida diaria do centro e nas distintas áreas curriculares.
Este plan tamén permite actualizar os fondos bibliográficos e materiais, así como promover actividades que fan da biblioteca un espazo vivo, aberto e participativo para toda a comunidade educativa.
Que queremos conseguir?
- Converter a biblioteca escolar nun espazo atractivo e activo de aprendizaxe e lectura.
- Fomentar o gusto pola lectura e o hábito lector en todo o alumnado.
- Mellorar a comprensión lectora e o uso da información de forma responsable.
- Actualizar os fondos e recursos da biblioteca segundo as necesidades do centro.
- Implicar a toda a comunidade educativa na vida da biblioteca.
GALERÍA DE IMAXES DA NOSA BIBLIOTECA


