A NOSA FUNDADORA: NAI PAULA

Nai Paula Gil Cano (Francisca de Paula Gil Cano) naceu en Vera (Almería) o 2 de febreiro de 1849, no seo dunha familia humil- de. Sendo moi nova, xunto con dous irmáns, ingresou na Casa de Misericordia de Cartagena, onde recibiu unha educación  cristiá e adquiriu experiencia no coidado de nenos e nas tarefas de servizo.

Madre PaulaA súa vocación solidaria intensificouse coa riada de Santa Teresa (1879), unha traxedia que deixou centos de vítimas e numerosos orfos en Murcia. Movida pola fe  e pola compaixón, Paula dedicou a súa vida a acoller e educar a nenas orfas e necesitadas, sementando así o que sería a Congregación das Irmás Franciscanas da Purísima Concepción.

En 1880, acompañada polo franciscano P. Francisco Manuel Malo, asumiu a Regra da Terceira Orde de San Francisco e organizou unha comunidade relixiosa centrada no servizo aos pobres, aos enfermos e á infancia desamparada. Co paso do tempo, a Congregación foi crecendo, estendéndose por diferentes lugares de España, e en 1901 recibiu a aprobación papal de León XIII como instituto de Dereito Pontificio.

Nai Paula destacou pola súa humildade, pobreza evanxélica e entrega sen condicións, chegando a atender enfermos durante a epidemia de cólera de 1885 e ofrecendo apoio en situacións de emerxencia como inundacións e crises sociais.

Renunciou como Superiora Xeral en 1912 por motivos de saúde e faleceu en Murcia o 18 de xaneiro de 1913, tras unha longa enfermidade. O seu legado espiritual e educativo continúa vivo a través das Irmás Franciscanas e das súas obras en todo o mundo.

O 7 de xullo de 2017, o Papa Francisco recoñeceu a heroicidade das súas virtudes, outorgándolle o título de Venerable, paso previo á súa beatificación.

Hoxe, a súa figura segue a ser un faro de inspiración, lembrándonos que a verdadeira educación vai unida á fe, ao servizo e á solidariedade.

La fundadora - Madre Paula

As Irmás Franciscanas estenden a súa acción apostólica por diversas provincias de España: Lugo, Murcia, Ciudad Real, Xaén, Málaga, Alacante, Almería, Toledo e Madrid.

En todos estes lugares, exercítanse en obras de misericordia atendendo á nenez abandonada, anciáns desamparados, enfermos, vagabundos e, en xeral, a toda clase de pobres e marxinados.

O 14 de setembro de 1903, o Papa San Pío X aproba definitivamente a Congregación.

Despois de levar unha vida entregada enteiramente a Deus e ao servizo dos pobres, practicando a caridade máis pura e universal ao estilo de Jesús de Nazaret, María e San Francisco de Asís, Nai Paula entrega a súa alma ao Señor o 18 de xaneiro de 1913 en Cásaa Nai de Murcia, aos 63 anos de idade e 33 de vida relixiosa.

A súa vida foi unha historia de amor e resúmese nestas palabras que nos deixou escritas: “Eu son vítima dos pobres e non teño outra cousa que ver neste mundo, os pobres son as miñas delicias”.

Ás súas seguidoras, deixoulles a fermosa herdanza de “servir aos pobres sen retribución algunha e socorrer á infancia orfa coa caridade ao próximo”.

A súa causa de canonización introduciuse no bispado de Cartaxena o 14 de outubro de 1995 e en Roma o 25 de novembro de 1997.