Actividades extraescolares
DESCUBRE E MEDRA: O VALOR DAS NOSAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
No colexio de O Pilar de Foz, cremos firmemente que a educación vai máis alá das aulas. Por isto, ofrecemos un completo programa de actividades extraescolares deseñado para complementar a formación académica e potenciar o desenvolvemento integral do noso alumnado, creando así habilidades clave para o futuro.
Que ofrecemos?
As nosas actividades abarcan varias áreas para intentar favorecer todos os intereses e talentos, e tendo en conta tamén as diferentes idades:
• Deportivas: xadrez, tenis de mesa, baloncesto, karate, fútbol sala, cross e atletismo… fomentando a saúde, traballo en equipo e espírito de superación. ⚽🏀
• Artísticas e creativas: baile, ximnasia rítmica, robótica, guitarra … estimulando a creatividade, a expresión e o pensamento innovador. 🎨🎭
• Idiomas e reforzo: cambridge, apoio escolar … reforzando coñecementos e abrindo portas a novas culturas e oportunidades. 📚🌍
• Iniciación: psicomotricidade, predeporte, mecanografía … mellorando a coordinación, auto coñecemento e a maduración no control do corpo. Beneficios clave para o alumnado Participar nas actividades extraescolares non é só unha forma de ocupar o tempo libre, é unha inversión directa no futuro e benestar dos estudantes. Desenrolo de Habilidades Sociais e Emocionais
• Traballo en Equipo e cooperación: aprenden a colaborar con compañeiros de distintas idades, a respetar turnos e a xestionar conflitos de maneira construtiva.
• Autoconfianza e Autoestima: lograr metas nun entorno diferente ao académico axuda a construir unha imaxen positiva de si mesmos e a descubrir talentos ocultos.
• Disciplina e Responsabilidade: adquiren compromiso ao asistir a clases e entrenamentos, o que mellora a súa organización e xestión do tempo. Mellora do Rendemento Académico
• Anque pareza contraditorio, dedicar tempo a actividades lúdicas axuda a reducir o estrés e a mellorar a concentración nas tarefas escolares.
• Actividades como o xadrez ou a robótica desenrolan o pensamento lóxico e a resolución de problemas, habilidades cruciais para algunhas materias. Fomento de Hábitos de Vida Saudables
• As actividades deportivas promoven a actividade física regular, combatendo o sedentarismo e ensinando a importancia de coidar o corpo.
Anima ao teu fillo/a a descubrir a súa paixón Invitámoste a explorar as nosas actividades e a motivar ao teu fillo ou filla a probar algo novo ou continuar algo coñecido.
É a oportunidade perfecta para que desenrolen o seu potencial, se expresen con liberdade e constrúan vínculos positivos; que fagan novos amigos e crezan de forma completa, equilibrada e feliz.
Un espazo para ser, aprender e desfrutar !!!
