Dinamización Lingüística
Aquí tamén se fala galego
O porvir do galego está ligado á xente máis nova. Por iso, resulta imprescindible atraer os rapaces e rapazas cara á nosa lingua, facer que a sintan súa e que a incorporen á súa vida diaria. Para iso cómpre crear ámbitos de encontro e de relación onde o galego sexa a lingua natural de comunicación. É fundamental tamén cultivar o orgullo e a valoración do propio, para que as familias transmitan aos fillos efillas a utilidade e a riqueza do noso idioma. Todo isto esixe vontade, compromiso e un traballo constante.
Desde o EDLG procúrase cultivar esa paixón polas letras, pola literatura, pola historia, pola música… en definitiva, pola nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.
Que é un EDLG?
1. Descrición xeral e funcións do EDLG
Segundo se recolle no artigo 15o do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega crearase para potenciar o uso da lingua galega no centro e terá un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de promoción no centro educativo.
Polo tanto, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) é un órgano de carácter consultivo e dinamizador creado nos centros de ensino de Galicia para promover o uso, prestixio e transmisión do galego como lingua propia da nosa comunidade.
O EDLG traballa en coordinación coa dirección do centro, co claustro e coa comunidade educativa para fomentar a normalización lingüística, garantindo que o galego sexa unha lingua de uso habitual, viva e valorada por toda a comunidade educativa.
2. Características principais
Carácter participativo: está composto por profesores, alumnado e un membro do persoal non docente comprometidos coa filosofía do equipo. O seu traballo require a colaboración do conxunto da comunidade educativa, que emprega o galego nas súas tarefas e contribúe á realización das actividades segundo a súa dispoñibilidade e implicación persoal.
CONSTITUÍNTES:
Coordinadora: María Belén Martínez Cazás
Profesorado: Joaquín Alejos
Juana Parga
Marta Cifuentes
César Fernández
Sonia Otero
Alumnado: Carla Iravedra (2º ESO)
Mateo Penabad (4º ESO)
Marina Couceiro (4º ESO)
Persoal non docente. Montserrat Devasa
. Función transversal: as súas accións abranguen todas as materias, actividades complementarias e extraescolares.
. Enfoque inclusivo: pretende integrar a lingua galega en todos os ámbitos do centro, respectando adiversidade lingüística do alumnado.
. Continuo dinamismo: o equipo programa accións ao longo de todo o curso escolar, adaptadas á idade e intereses do alumnado.
3. Obxectivos do EDLG
O principal obxectivo do EDLG é facer do galego unha lingua respectada, valorada e utilizada por toda a comunidade educativa en todos os ámbitos da vida diaria. As nosas accións de normalización buscan eliminar prexuízos incorrectos e promover o galego como unha lingua viva na nosa comunidade. Ao mesmo tempo, tratamos de profundar no coñecemento do noso patrimonio sociocultural, considerándoo un eixo esencial para reforzar e consolidar o noso idioma.
Como obxectivos máis específicos pódense citar os seguintes:
1. Promover o uso do galego na vida cotiá do centro: aulas, corredores, biblioteca, comunicacións oficiais e actividades escolares.
2. Elaborar o Plan anual de dinamización lingüística, en coherencia co Proxecto Lingüístico de Centro (PLC).
3. Asesorar ao claustro sobre o uso e promoción do galego en materiais, comunicacións e
actividades didácticas.
4. Organizar actividades culturais e pedagóxicas que reforcen a identidade lingüística do
alumnado.
5. Fomentar a creatividade en galego mediante concursos literarios, obradoiros ou certames audiovisuais.
6. Impulsar o contacto co contorno sociolingüístico, promovendo a colaboración con asociacións, concellos e outras entidades.
7. Organizar e coordinar actividades culturais e pedagóxicas que potencien a lingua e a cultura galega.
8. Avaliar e revisar periodicamente as accións realizadas, para mellorar a eficacia do plan de dinamización.
4. Conclusión
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega é unha peza clave para garantir que o galego sexa unha lingua presente, útil e valorada na vida escolar. O seu labor contribúe a formar alumnado consciente, crítico e comprometido coa preservación e promoción do noso patrimonio lingüístico
