As nosas instalacións
O colexio conta cunhas instalacións deseñadas para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado nun ambiente seguro, acolledor e estimulante. Cada espazo foi creado para responder as necesidades educativas, emocionais e sociais dos nosos nenos e nenas, así como para apoiar o labor docente.
As aulas dotadas con calefacción, luminosas, patios amplos, zonas verdes, salas específicas e recursos tecnolóxicos conforman unha contorna que facilita a aprendizaxe, o xogo e a convivencia. Todo iso co obxectivo de ofrecer unha educación de calidade nun espazo que os faiga sentirse como na casa.
