Un espazo de xogo, inclusión e participación
Patios inclusivos
Aspectos importantes do proxecto
Os patios inclusivos son unha iniciativa que busca converter os tempos de recreo en espazos de xogo, convivencia e participación para todo o alumnado, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
A través de diferentes propostas lúdicas e organizativas, promóvese a igualdade de oportunidades, a cooperación, o respecto e a participación activa de nenas e nenos, garantindo que todas as persoas poidan xogar e relacionarse, independentemente das súas capacidades ou intereses.
Que queremos conseguir?
- Garantir que todo o alumnado poida participar no xogo durante o tempo de recreo.
- Fomentar a convivencia positiva, o respecto e a inclusión.
- Promover a igualdade de oportunidades, evitando situacións de exclusión.
- Favorecer a cooperación, o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.
- Contribuír ao benestar emocional e social do alumnado.
- Potenciar a autonomía, a creatividade e a participación activa no xogo.


