DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

“Orientar é acompañar para medrar”

Que é o Departamento de Orientación?

O Departamento de Orientación é un recurso do noso colexio que acompaña ao alumnado ao longo das etapas de Infantil, Primaria e Secundaria, co obxectivo de garantir unha formación integral e personalizada.

Desde este departamento traballamos para:

  • Apoiar ao profesorado na adaptación da ensinanza ás necesidades do alumnado.
  • Acompañar ás familias no proceso educativo dos seus fillos e fillas.
  • Favorecer o desenvolvemento persoal, académico e social de cada estudante.
  • Coordinar a acción titorial, a atención á diversidade e a orientación académica e profesional.

Ademais, colaboramos con distintos servizos externos (como saúde mental, servizos sociais, servizos de pediatría de referencia, unidades especializadas de orientación…) para ofrecer unha resposta global e axeitada ás necesidades que poidan xurdir.

O noso compromiso é estar preto de toda a comunidade educativa, contribuíndo a crear un entorno seguro, inclusivo e orientado ao benestar e ao éxito de todo o alumnado.

Funcións do Departamento de Orientación

  • Detectar, valorar, informar, asesorar e intervir nas necesidades educativas do alumnado en ámbitos académico, emocional e familiar.
  • Apoiar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe e orientación vocacional e profesional.
  • Colaborar co profesorado na implementación de medidas de atención á diversidade e na detección de dificultades de aprendizaxe.
  • Acompañar ás familias, ofrecéndolles estratexias e recursos para o benestar dos seus fillos e fillas.
  • Coordinar actuacións de orientación educativa, acción tutorial, igualdade e convivencia.
  • Fomentar o sentido de pertenza ao centro e o grupo, promovendo o éxito escolar e o desenvolvemento persoal. 

Obxectivos do Departamento

  • Traballar coordinadamente coa dirección, titorías e profesorado para garantir unha atención educativa integral.
  • Elaborar, desenvolver e avaliar os plans e programas de orientación, acción educativa e convivencia do centro.
  • Asesorar tecnicamente sobre o proceso de ensino-aprendizaxe, avaliación e atención á diversidade.
  • Facilitar información e orientación sobre alternativas educativas e profesionais ao alumnado e familias.
  • Realizar avaliacións psicopedagóxicas e elaborar propostas de intervención personalizadas.
  • Coordinar aos especialistas que atendan a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
  • Promover a implicación do profesorado e familias na atención á diversidade e no desenvolvemento integral do alumnado.
  • Manter colaboración con recursos externos que apoien a labor do centro.

 

Quen formamos o Departamento de Orientación?

No noso centro, o Departamento de Orientación é un equipo multidisciplinar fundamental para atender as necesidades individuais do alumnado.

Está formado por:

  • A Coordinadora de Orientación: Vanesa Fernández Fernández. 
  • A mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe: Miriam García Villarino.
  • Dirección Pedagóxica: Juan Vivero Basanta.
  • Mestra representante de Educación Infantil: Milagros Reigosa Orol.
  • Xefatura de estudos e representante profesorado Educación Secundaria: Francisco López Fustes.
  • Dous mestres representantes da Educación Primaria: Alba Rodríguez Peláez e Bruno Blanco Lamparte.

Traballamos de xeito colaborativo con todo o equipo docente para garantir unha atención personalizada e integral que favoreza o desenvolvemento académico, social e emocional do noso alumnado.

 

Como contactar?

Podedes poñervos en contacto connosco por medio dos titores/as, mestra de PT ou AL ou a Orientadora ou no noso correo: departamentodeorientacion@colexiodopilarfoz.es.