Madrugadores
Servizo de madrugadores
Con este servizo ofertado polo noso centro tratamos de axudar na conciliación da vida familiar e laboral. Pretendemos facilitar na medida do posible a conciliación de nais e pais que inician a súa xornada laboral antes das actividades lectivas do Centro.
Preguntas frecuentes
A que hora comeza?
- Este servizo comeza ás 08:oo horas da mañá.
Fai falla notificar a asistencia dos nosos fillos a este servizo?
Non. Si queren facer uso deste servizo non teñen máis que levar á súa filla/o ao noso centro e entrar pola porta principal. Alí serán atendidos polo profesor/a de garda dese día.
Cal é o custo de este servizo?
Este servizo é totalmente gratuíto, pois ñe realizado polas profesoras e profesores do centro.
Que actividades fan neste tempo?
O alumnado pode realiza actividades da actividad académica diaria: ler, facer tarefas, estudar… Ao mesmo temo realizarán actividades como debuxar, visonado de vídeos na panel táctil, actividades de escritura, xogos didácticos…
En que aulas se realiza este servizo?
Nas aulas de 4º Educación Infantil e na aula de música.
Ata que hora se pode entrar a este servizo?
Ata as 09:00 horas.
A asistencia ten que ser diaria?
Non. Cada familia fai uso deste servizo os días que o necesita. Hai alumnado que fai uso del todos os días, e outros que o empregan cando o necesitan en días esporádicos.
