Proxecto educativo

 

“Educando para a vida, dende a proximidade e o corazón.”

O noso proxecto educativo nace da convicción de que educar é acompañar a cada persoa no seu camiño cara á plenitude. Cun legado baseado na proximidade e a entrega, e inspirados polo espírito de San Francisco e o carisma de Nai Paula, confiamos na capacidade transformadora da escola para formar cidadáns íntegros, comprometidos e preparados para construír unha sociedade máis humana.

No noso colexio creamos un ambiente de gran familia, onde cada alumno e alumna é o centro dunha aprendizaxe que busca o equilibrio entre a excelencia académica e a calidade humana.

�� O que nos diferencia na Mariña

 Referentes en Idiomas:

Somos o único centro BEDA da Mariña. Garantimos que os nosos alumnos e alumnas vivan unha inmersión lingüística real en inglés, con auxiliares de conversa e certificacións oficiais de Cambridge.

 Atención Personalizada:

Observamos con detemento a realidade de cada estudante para adaptarnos ás súas necesidades individuais, asegurando que ninguén quede atrás e que todos e todas alcancen o seu máximo potencial.

 Aposta polo Deporte:

Promovemos a actividade física en todas as súas formas como unha ferramenta vital para cultivar a saúde, a disciplina e o compañeirismo.

 Espírito Crítico e Innovador:

Permanecemos en constante renovación pedagóxica para axudar aos nosos alumnos e alumnas a descubrir as súas aptitudes, fomentando un pensamento crítico que lles permita afrontar os retos do futuro con liberdade e responsabilidade.

�� Un camiño compartido en todas as etapas

Acompañamos o crecemento integral dos nosos estudantes adaptando o noso ¨estilo propio¨ a cada idade:

1. Educación Infantil: Onde fomentamos a curiosidade e o xogo como motores do descubrimento, proporcionando un entorno seguro e afectuoso para os nenos e nenas.

2. Educación Primaria: Cimentando hábitos de traballo, a autonomía e a convivencia fraterna.

3. Educación Secundaria: Unha etapa para consolidar o criterio propio e a madurez, preparando aos mozos e mozas para ser unha resposta positiva á sociedade actual.

�� Valores con Identidade

A nosa calidade educativa refíctese nos valores que os nosos alumnos e alumnas viven cada día:

Sencillez · Solidariedade · Ledicia · Respecto · Inclusión