Comunidad educativa de Europa
Proxecto eTtwining
Aprendizaxe colaborativo
Este ano, por primeira vez, está a implementarse un proxecto de eTwinning na nosa escola en colaboración co colexio 2ο ΗΜΕΡΗΣΙΟ ΓΕΝΙΚΟ ΛΥΚΕΙΟ ΚΑΛΛΙΘΕΑΣ en Kallithea (Atenas, Grecia).
Os nosos estudantes de 4º de ESO colaboran e falan con 12 estudantes da mesma idade do colexio Grego.
O obxectivo da obra é específico xuntos formamos un club de lectura de literatura matemática. Durante este curso escolar, lemos e recoñecemos as emocións que as matemáticas nos espertan a través do libro de Anne Siety " Matemáticas, o meu medo favorito". Invítase aos estudantes a explorar a súa relación coas matemáticas, a recoñecer e expresar os sentimentos que a
lección lles provoca, así como a intercambiar experiencias e preocupacións cos seus compañeiros doutro país europeo.
O proxecto foi aprobado pola National eTwinning Support Organisation,
creouse o espazo colaborativo no TwinSpace e lanzouse unha colaboración
que todos gozamos!
eTwinning
Conectando con centros europeos
Proxectos eTwinning
Proxecto 1
Dentro do noso proxecto europeo de lectura do libro Math, my beloved fear realizamos uns marcapáxinas para enviar aos nosos compañei ros gregos.
Tanto o profesorado como o alumnado do centro grego agradeceude todo corazón o regalo pois para eles foi unha sorpresa moi agradable.
Este é o enlace da súa páxina web:
http://2lyk-kallith.att.sch.gr/?p=3218
Proxecto 2
Por este curso, e con moita pena rematamos o noso proxecto coa creación dun libro dixital entre os dous colexios. Cada poema foi especial para cada un dos alumnos e por iso está neste libro. As últimas páxinas son poemas nosos, sinxelos pero creados con moito amor e moita ilusión, entre risas e pensamentos para facer rimar.
Ainda que este libro rematou, agardamos con moito cariño o próximo curso para iniciar un novo proxecto….xa está empezando…. Aquí vos deixamos o enlace para poder velo pero hai un pequeño detalle técnico que debedes saber: a web oficial está deseñada para pantallas grandes, polo que non che deixará entrar a editar ou ler desde o navegador do móbil de forma normal.
Para lelo no teu teléfono abre a ligazón no navegador do teu móbil (Chrome ou Safari).
- Aparecerache unha mensaxe dicindo que Book Creator non é compatible con pantallas de móbil.
- O truco: Activa o "Modo Ordenador" (ou "Sitio para computadora") no teu navegador. o En Chrome (Android/iPhone): Toca os tres puntos da esquina superior dereita e marca a casilla "Vista ordenador".
o En Safari (iPhone): Toca a icona das dúas letras "aA" na barra de enderezos e selecciona "Solicitar sitio web para computadoras".
- A páxina recargarase, enganará á plataforma facéndolle crer que estás nunha tablet ou PC, e xa poderás pulsar o botón "Ler libro" (Play) para pasalo páxina a páxina co dedo.
E aquí está o noso libro:
https://app.bookcreator.com/library/-Oqr8zNhpOGbTieBuR-2/RD0VxVWCnJYhnnZshDTeoJ8Rp513/MW1ebTG6TEmVTK1dB9YS7g/-OtfKjiQy7Vuxr60asHi
Agasallo
Desde o colexio 2ο ΗΜΕΡΗΣΙΟ ΓΕΝΙΚΟ ΛΥΚΕΙΟ ΚΑΛΛΙΘΕΑΣ en Kallithea (Atenas, Grecia) recibimos un agasallo para o alumnado e o profesorado. Son cartas adicadas a cada alumno/a de 4º de ESO tendo en conta a información da presentación inicial. Os alumnos gregos volcaron todo o seu talento no diseño das tarxetas de Pascua.
Cada tarxeta díseñouse con moito cariño por parte dos amigos gregos. Non son as típicas tarxetas de felicitación. Son o comezo dunha amizade entre nenos e nenas da mesma idade que viven, estudian e medran en dous países europeos.
Ademais tamén recibimos un toque grego ao paquete, pasteles macedonios, melekouni de Rodas e mástique de Quíos.




