A pasada semana o noso alumnado de 4⁰ de ESO, a través de xogos, retos e experiencias sensoriais, puido poñerse a proba e comprender en primeira persoa a importancia da diversidade, a inclusión e a accesibilidade. Unha viaxe enriquecedora que nos ensina a apreciar as diferentes formas de ver, sentir e interactuar co mundo. É un luxo contar con iniciativas que nos axudan a navegar xuntos cara a un mundo máis accesible e diverso.

Un pracer navegar connvosco e grazas por facernos parte desta iniciativa tan necesaria! 👏✨ Ong Guillem Veiga Iglesias.