Últimas noticias
A Garda Real en Foz
O noso alumnado da ESO tivo a gran oportunidade de coñecer e descubrir de preto o traballo da Garda Real. Unha experiencia única fóra das aulas para aprender sobre a súa historia e labor diaria e un luxo poder coñecer as súas funcións e curiosidades de primeira man....
Día Internacional do Libro
As actividades polo Día do Libro neste ano tiveron como protagonista o "First Dates Literario". O alumnado enfrontouse a "citas a cegas" con libros, tentando atopar o seu "match" ideal sen ver a portada, guiándose unicamente por debuxos ou sinopses misteriosas. Unha...
Campionato Comarcal de Atletismo
Final do Campionato Comarcal de Atletismo Queremos felicitar a todos os nosos atletas pola súa gran participación nas diferentes xornadas do Campionato Comarcal de Atletismo que se celebrou na veciña localidade de San Cibrao. Estamos moi orgullosos do voso progreso en...
O noso centro xa forma parte da rede de centros PLAMBE
O noso centro xa forma parte da rede de colexios PLAMBE, tal e como informou o portal educativo da Xunta de Galicia o pasado 28/04/26. Co noso, nove colexios concertados máis entran nesta selecta rede de centros co que trataremos de impulsar a transformación das...
Campionato Provincial Xadrez
Este pasado domingo participamos en Viveiro no Campionato Provincial de Xadrez e volvemos con resultados moi favorables! Superamos os nervios do debut nesta competición, xa que era a primeira vez que o equipo se clasificaba e trouxemos para o cole unha experiencia...
Excursión 5º e 6º Educación Primaria
O pasado xoves vivimos unha xornada inesquecible co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Visitamos o Parque Experimental de Sotavento en Xermade, onde aprenderon de maneira práctica e divertida sobre a electricidade e a importancia do aforro enerxético, sempre...
Plurilingüismo
Pastoral
Actividades extraescolares
Proxectos
Programas educativos
Oferta educativa
O Centro oferta os seguintes niveis Educativos nunha soa liña:
– Educación Infantil.
– Educación Primaria.
– Educación Secundaria Obrigatoria.
No noso Centro preténdese potenciar, dada a súa importancia, o sistema de ensino bilingüe en Inglés. Por iso, o centro pertence á rede de colexios Plurilingües da Comnidade Autónoma de Galicia e ademais, é un centro preparador oficial dos exames de Cambridge.
O centro conta cos seguintes recursos educativos:
Pedagoxía Terapéutica en Infantil, Primaria e ESO.
Servizo de Orientación en Secundaria.
Auxiliar de Conversación en Lingua Inglesa.
EDUCANDO CON AMOR E DEDICACIÓN
O noso Centro ten como identidade Titular a Congregación das Irmás Franciscanas da Purísima Concepción a cal, como institución relixiosa, dota aos centros dun Ideario. Este debe ser asumido por toda
a comunidade educativa.
Brindar educación integral (cristiá, humana e académica) de calidade, ao estilo Mariano-Franciscano, seguindo o carisma da Venerable Nai Paula, dirixida a nenos e novos, para que sexan persoas de éxito, capaces de transformar a súa realidade á luz do Evanxeo.
Lema curso 2026/27
Soñamos con una comunidad educativa que, al estilo de San Francisco y de Madre Paula, sea signo de fraternidad, sencillez y alegría y que contribuya activamente a la transformación humana y cristiana de la sociedad.
Calendario
Principales datas
9
setembro
Comezo de curso
Máis información
Nesta data voltaremos a comezar as clases en Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
12
Outubre
Festividade do Pilar
Máis información
Nesta data celebraremos unha misa na capilla do coelxio con todas aquelas familias que gusten acompañarnos.
18 e 19
Xuño
Orlas 6º EI, 6º EP e 4º ESO
Máis información
Na sala de usos múltiples celebramemos o cambio de etapa dos máis pequenos e a merecida despedida do alumnado de 4º ESO que remata os estudos no colexio
Servizos
Ofrecemos servizo de comedor, autobús, madrugadores e actividades extraescolares.
Bilingüismo-Programa Beda
Asimilar, aprender e expresarse nunha lingua estranxeira é unha tarefa a longo prazo, cuxas bases se están asentando en idades temperás no noso centro.
O colexio San José forma parte do Programa Beda, orientado á potenciación e mellora do ensino do inglés nos colexios concertados das Escolas Católicas de Madrid. É un programa que está en coherencia coa calidade do resto dos ensinos e do Proxecto Educativo e os valores do noso centro.
Instalacións
Contamos con amplas instalacións para o goce dos nosos alumnos: salón de actos, pavillón cuberto, pistas deportivas, aula de informática, aula de polos creativos, taller de tecnoloxía, laboratorio…
Actividades extraescolares
Numerosa oferta de actividades extraescolares: fútbol sala, baloncesto, tenis de mesa, xadrez, atletismo, campo a través, psicomotricidade, predeporte, ximnasia rítmica, mecanografía, robótica, guitarra, tenos, Cambridge, inglés para familias e obradorio de contos.
Innovación educativa
As nosas aulas están equipadas con ferramentas e medios audiovisuais conectados a Internet para a difusión de contidos de aprendizaxe.






















