O xoves 28 de maio, vivimos un día moi especial celebrando a Coroación da Virxe por parte do alumnado de 4⁰ de ESO con un recordo especial á nosa querida Sor Asunción. O noso altar encheuse de cor e ledicia para honrala da mellor maneira posible.
Pero o máis bonito de todo foi escoitar aos nosos nenos e nenas, que foron os grandes protagonistas. Con moito orgullo, expuxeron diante de todos os traballos e proxectos que con tanto agarimo prepararon estas semanas en relación a Ela. Que graaaande é ver o seu talento e a súa dedicación!
Este día foi posible grazas ao esforzo de moita xente. Queremos facer un agradecemento moi, moi especial a todos os nenos e nenas que traballaron con tanto agarimo este ano as diferentes advocacións. Deixáronnos cos ollos abertos con esas presentacións tan elaboradas e ben feitas. Sodes uns artistas e o auténtico corazón deste proxecto!
Grazas a todos por facelo posible!
