Onte, o alumnado de 6º de Educación Primaria desprazouse ata Mondoñedo para gozar dunha emocionante xornada de espeleoloxía. Antes de comezar a aventura, os escolares tiveron unha pequena introdución á actividade para coñecer as normas de seguridade e os aspectos básicos deste deporte.