Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as familias, amigos e alumnado que nos acompañastes na celebraciónda eucaristía polo Día do Pilar.

Foi un acto emotivo e familiar, cheo de momentos especiais que lembraremos con moito cariño. Para pechar a xornada comomerecía, puidemos compartir un tempo de encontro e conversa mentres desfrutábamos duns deliciosos petiscos en boa compañía

Grazas de todo corazón a toda a comunidade educativa por facer posible este día e por formar parte activa desta gran familia.