🎃🌰 O pasado xoves vivimos un día diferente no que a nosa misión principal era clara: atopar personaxes da historia que andaban perdidas polo colexio… 🕵️‍♂️📜

​Para conseguilo, os nenos e nenas tiveron que traballar en equipo e superar numerosas probas e retos en diferentes espazos do centro:

– Os máis pequenos convertéronse en auténticos chefs preparando deliciosas receitas do Samaín 🧙‍♀️👩‍🍳.
– ​Os cursos de primaria enfrontáronse a grandes desafíos, superando probas por distintos espazos do colexio.
– ​E os máis maiores tiveron a misión de buscar pistas e explorar polas zonas máis afastadas do centro 🗺️✨.

E para rematar o día como merecemos, pola tarde desfrutamos do noso tradicional Magosto, con boas castañas, cantos e bailes que nos encheron de ritmo e ledicia 🎶🔥.

​Unha xornada única de convivencia e aprendizaxe que xa queda no recordo.