Menuda viaxe inesquecible!
O noso alumnado de 5º e 6º de Primaria viviu unha semana máxica enchendo a mochila de recordos na súa excursión.
Foi un non parar de emocións:
– Emocionámonos coa maxia do Rey León.
– Viaxamos no tempo en Puy du Fou.
– Soltamos adrenalina no Parque Warner.
– Refrescámonos nos tobogáns de Aquópolis.
– Gozamos dun gran paseo por Madrid.
– E quedamos coa boca aberta en Segovia.
Risas, convivencia, compañeirismo e momentos que quedan gardados para sempre. Orgullosos de velos gozar e crecer xuntos!
