Menuda viaxe inesquecible!

 O noso alumnado de 5º e 6º de Primaria viviu unha semana máxica enchendo a mochila de recordos na súa excursión.

 Foi un non parar de emocións:

 – Emocionámonos coa maxia do Rey León.

– Viaxamos no tempo en Puy du Fou.

– Soltamos adrenalina no Parque Warner.

– Refrescámonos nos tobogáns de Aquópolis.

– Gozamos dun gran paseo por Madrid.

– E quedamos coa boca aberta en Segovia.

​Risas, convivencia, compañeirismo e momentos que quedan gardados para sempre. Orgullosos de velos gozar e crecer xuntos!