SEGURIDADE VIAL ?‼️
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participaron nunha charla súper interesante e didáctica impartida pola Garda Civil de Tráfico. ?️
Que aprendemos? A importancia de cruzar correctamente, o uso do cinto de seguridade, como viaxar seguros na bici ou no patinete eléctrico e
moitos consellos máis para ser peatóns e futuros condutores responsables.
O obxectivo desta charla é que os nosos nenos e nenas sexan conscientes dos riscos e coñezan as normas básicas dende pequenos.
Moitas grazas á Garda Civil por achegar esta formación tan esencial ao noso alumnado! ?