Este ano queremos dar un paso máis e, como comunidade educativa, sumarnos a unha iniciativa solidaria en favor da nosa ONG, MAKUA. Xusto antes do comezo da velada, poñeremos a disposición de quen o desexe rifas solidarias, cuxa recadación irá destinada integramente a apoiar a persoas e familias que, por desgraza, vivirán un Nadal moi diferente ao noso.

A participación na compra de rifas é totalmente voluntaria, por suposto, pero cremos que é unha oportunidade preciosa para que os nosos nenos e nenas e as nosas familias experimenten o verdadeiro sentido destas festas: a solidariedade, a xenerosidade e o desexo de compartir.

Ao final do acto, realizaremos un sorteo con varios premios como agradecemento a quen decida colaborar.

Agradecemos de antemán o seu apoio e agardamos contar coa súa presenza para celebrar xuntos este Nadal tan especial.