Finalizamos as formacións do Plan Director 
A semana pasada pechamos o ciclo de charlas dirixidas ao noso alumnado sobre temas fundamentais para a súa convivencia seguridade:
-Acoso escolar e ciberacoso: Aprender a detectar e frear estas condutas.
-Seguridade nas redes sociais: Uso responsable e protección da privacidade.
Grazas aos profesionais que viñeron compartir os seus coñecementos con nós. No cole seguimos traballando por unha contorna segura, libre de violencias e baseada no respecto mutuo.
