Un grupo de 27 alumnas e alumnas de 1º e 2º de ESO veñen de disfrutar dunha viaxe a Londres. Houbo tempo tanto para a cultura coma para o ocio. Visitamos o Museo Británico, o de Historia Natural, o de Ciencias e o do Transporte e desfrutamos do fantástico musical «Matilda» nun dos teatros máis emblemáticos da cidade, ubicado na zona de Covent Garden.

Os momentos máis divertidos vivímolos durante un cruceiro polo Támesis, montados no London Eye, percorrendo o museo de cera ‘Madame Tusseauds» e adentrándonos nunha pasaxe do terror nas mazmorras da Torre de Londres. Foron innumerables as viaxes en metro, visitamos o centro de Londres subidos nun bus vermello, puidemos ver o desfile da garda real en Buckingham Palace, ceamos un delicioso ‘fish and chips’ e, como non, adicamos unha mañá a perdernos e practicar o noso inglés nos infinitos postos do mercado de Candem Town. De seguro esta viaxe quedará para sempre no seu recordo!

See you soon, London! ?

Galería imaxes Londres