Un día de 10 por Ferrol! ![]()
Esta semana ao alumnado de 3⁰ e 4⁰ de primaria, tocoulles mollar os pés na historia naval de Ferrol.
Comezamos a xornada no Arsenal e quedamos abraiados coa magnitude da fragata F-101 Álvaro de Bazán
. Despois, mergulláronse na historia no Museo Naval, que é unha auténtica xoia.
Para repoñer forzas, parada técnica para xantar no parque
, con ese tempo libre que sabe a gloria antes de rematar a visita no Castelo de San Felipe. As vistas dende a ría son moi fermosas! 

A verdade é que desfrutamos e aprendimos un montón, así que levamos a mochila chea de recordos. Seguro que repetiremos! 

