Onte o alumnado de 3⁰ e 4⁰ de secundaria fixemos unha excursión a Santiago de Compostela, unha cidade chea de historia e encanto. Paseamos polas súas rúas, admiramos a catedral e gozamos do ambiente animado do casco antigo.
Durante a visita, visitamos o Museo de Historia Natural, onde descubrimos moitos aspectos interesantes sobre os animais, as plantas e a evolución da vida na Terra.
Foi unha experiencia divertida, na que aprendemos moito e pasámolo moi ben.