Xornada mariñeira e didáctica! 

Todo comezou cunha nena que nos trouxo unha foto na lonxa de Burela, e non podiamos perder a oportunidade de seguir aprendendo. Así que aproveitamos para facer unha visita ao supermercado e centrarnos na pescadería.
Alí aprendemos a distinguir diferentes tipos de peixes, descubrimos os seus prezos e o importante que é o produto fresco da nosa costa. Demos un paseo por todas as seccións do súper, coñecendo de preto como funciona cada recuncho. Unha experiencia completa e moi divertida! 

Como o tempo acompañou, rematamos da mellor maneira: xogando e desfrutando nun parque preto do cole! 

Unha combinación perfecta de aprendizaxe, produto local e moita diversión ao aire libre.
