A semana pasada, os nenos e nenas do segundo ciclo de primaria disfrutaron dunha viaxe inesquecible a Cantabria, unha experiencia chea de emocións e novas amizades.

Durante a nosa estancia, aproveitamos ao máximo as instalacións do albergue, onde puxemos a proba o noso valor con divertidas actividades de aventura. Tamén tivemos a oportunidade de explorar a fascinante «Cueva de El Soplao», abraiándonos coas súas formacións xeolóxicas, e de percorrer o Parque da Natureza de Cabárceno, onde vimos de preto animais de todo o mundo nunha contorna única.

Voltaron á casa moi felices e coa mochila cargada de anécdotas para lembrar!