Auga, terra e moito aire!

​Hai unha semana tivemos un día 10 en Lugo co alumnado de 1º e 2º de ESO. Primeiro navegando o Miño nos dragóns e despois descargando adrenalina polas alturas en Lucus Aventur. Non hai mellor xeito de aprender e convivir que cunha boa dose de aventura.